HOMENAXE A FRANK PAIS GARCIA, EN MARIN NO 50 ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO
Recepción do Concello ao Cónsul de Cuba, Alejandro Fuentes
PROGRAMA DE ACTOS
Os actos de homenaxe a Frank Pais, que comezaron onte sábado na Vila de Marin(povo natal dos seus pais) con unha recepción oficial no Concello ao Cónsul de Cuba, continuarán mañan luns dia 30 (aniversario do seu asasinato por esbirros da tirania de Batista) con un acto poético e musical que se celebrará na Alameda no que participarán, entre outros, os músicos Mini y Mero (de A Quenlla), Tino Baz, Laura e Marina Quintillán, o cantautor cubano Norge Batista, así como os poetas Anxo Angueira, Xosé María Álvarez Cáccamo, Isaac Xubin e Elvira Ribeiro.
Para o martes 31 está prevista una conferencia/mesa redonda na Biblioteca Pública, precedida do documental “Repartiendo el corazón” da realizadora cubana Natasha Vázquez, un video que fala da súa vida e loita. No díptico editado para esta ocasión, podemos ler un texto no que o Che Guevara se refire a Frank Pais con estas palabras:
“Fue uno de esos hombres que se imponen en la primera entrevista; sus ojos mostraban enseguida al hombre poseído por una causa, con fe en la misma; y, además, que ese hombre era un ser superior”.
Mais dunha ducia de colectivos culturais, relixiosos(evanxélicos), políticos (entre os que está a activa participación dalguns camaradas do PCPG) colaboran na súa organización.
-VER BIOGRAFIA DESTE GRANDE PATRIOTA E REVOLUCIONARIO GALEGO-CUBANO
-"INOLVIDABLE FRANK",UN ARTIGO DE VILMA ESPIN GUILLOIS
-QUEN ERA FRANK PAIS? (1)
-QUEN ERA FRANK PAIS? (2)