XORNADAS POLO O DEREITO A SABER E INVESTIGAR A REPRESIÓN FRANQUISTA EN GALIZA

O Grove, 19 a 22 de setembro de 2007

A enxurrada da memoria foi desbordando os diques do esquecemento e as vendas nos ollos foron transparentando unha verdade que se resiste a enmudecer. Quizais por iso, desde hai un tempo pasouse de mirar mal e obstruír a perseguir directamente a aqueles que están a traballar en condicións precarias para rescatar o ocorrido nesta etapa do noso pasado...

.....Para analizarmos a situación na que se atopa o estudo e difusión da represión franquista, desde a Iniciativa Galega pola Memoria, na que tamén participa o PCPG, e a colaboración doutros colectivos imos levar a cabo estas xornadas que baixo o título de “O dereito a saber, a liberdade de investigar”, tanto no plano académico e institucional como cívico e asociativo, na súa vertente pública e no seu tratamento nos medios de comunicación e, sobre todo, para ver cal é o marco xurídico e sociolóxico no que se desenvolve o labor de persoas e colectivos que traballan para rehabilitar a memoria republicana e antifascista.

...(Tirado do programa das xornadas) Para ver o programa e ler máis premer aquí ou no titular desta nova