.
Con asistencia de representantes das organizacións: AGIR, Asociación de Amizade Galego- Cubana “Francisco Villamil”, BNG, BRIGA, CUT, FPG, PCPG, Primeira Linha e algúns compañeiros/as a título individual celebráronse os II Encontros Galegos de Solidariedade con Cuba.
Apresentáronse tres relatorios: un sobre loita pola liberdade dos cinco heróes cubanos, elaborada polo compañeiro Moncho Leal, outro sobre a loita contra o bloqueo por medio da cooperación, e un terceiro que apresentou o noso camarada Ernesto Cañedo sobre a necesidade de impulsar a contra información fronte á vaga de manipulación e desinformación impulsada polos grandes medios de comunicación capitalistas.
O CN do PCPG apresentou neste Encontro a través do camarada Ernesto Cañedo unha Proposta de Resolución Final dos Encontros que, con lixeiras enmendas, foi aprobada por unanimidade.