VAMOS BERRAR A CORRUBEDO, VAMOS LOITAR POLO MAR!, IMOS DEFENDER A TERRA!
Moitos colectivos e organizacións, entre as que está o PCPG, así como persoas a título individual do país noso imos acudir en masa a Corrubedo o vindeiro domingo, 4 de novembro, para amosar a nosa oposición á expropiación e venda da nosa costa, do noso litoral virxe, ás empresas depredadoras.A concentración será no Porto de Corrubedo, ás 12 da mañá, para logo discorrer a Marcha cara o Faro, emblema litoral que este domingo debe ser a capital galega da dignidade do pobo, na defensa do máis prezado, do que é noso. [Ler máis]