Despois da intervención e apresentación inicial feita polo camarada Vitor Gonzáles, do Centro Social “A FAÍSCA”, interviú o compañeiro Alejandro Fuentes Hernández, Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza.
Nesta intervención, tan rigurosa como brillante e extensa, situou aspectos moi interesantes sobre a organización e realización da Revolución Bolchevique nos anos en que os traballadores, labregos e soldados revolucionarios dos povos e Rusia ao mando do xenio de Vladimir Ilich-“Lenine” fixeron posibel a toma do poder para o proletariado e as clases populares... [Ler máis]