CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA, O CAPITALISMO E O PATRIARCADO

25N2007

Contra a Violencia de Xénero.

[Manifesto da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza]

Son moitos os cambios nos últimos anos: novas leis, programas específicos nas administracións, visibilización nos meios de comunicación, distinta valoración na opinión pública, novos valores nas relacións persoais... aínda así, o número de mulleres asasinadas, as denuncias de mulleres agredidas e as condenas por agresións, seguen aumentando. E o que é aínda máis preocupante, a violencia machista perpetúase na xente máis nova.

Somos conscientes de que muitas estruturas económicas (Banco Mundial, Fondo Monetario Internacional, multinacionais...) , estruturas políticas (G-8, gobernos, exércitos...), e estruturas relixiosas (Vaticano, conferencia episcopal española, aiatolas, imáns, consellos relixiosos...) están mantendo e perpetuando unha organización patriarcal da sociedade onde se encontra enraizada a violencia machista. Unha realidade implantada en todo o planeta, e que mostra a súa face máis descarnada en situacións de guerra, tráfico de persoas e explotación sexual...
[Ler máis]