.
O Goberno bipartito de Vigo aprobou hoxe o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da cidade, cos votos favorables de BNG e PSOE, no medio das protestas de veciños que tiveron que ficar ás portas do concello ante a imposibilidade de acceder á sala de Plenos.
Estes veciños, por volta de dous centenares, permaneceron concentrados ás portas da casa do concello berrando consignas contra o plan e contra o Goberno local e atirando ovos e petardos contra os vidros do edificio. A presidenta da Federación Veciñal, Elena González, riscou de “escándalo” que o PSdeG-PSOE “enchese a sala cos seus militantes metidos pola porta de atrás para que non puidese estar ningún veciño afectado”... [Ler máis]