CONVOCAN FOLGA NO SECTOR DE TELEMARKETING O 21 DE DECEMBRO

As centrais sindicais CIG e CGT convocan folga no sector de Telemárketing para o 21 de decembro

Denuncian a precariedade laboral e a deslocalización

Esta folga dá inicio a unha etapa de maior conflitividade no sector de Telemárketing despois de que a nivel estatal fora asinado recentemente un Convenio Colectivo que mantén a precariedade e os baixos salarios sen que, por outra banda, exista un compromiso claro de mantemento do emprego.

CIG e CGT veñen de convocar unha folga conxunta que afectará a todo o sector de Telemárketing. Unhas 8.000 persoas en Galiza están chamadas a participar o 21 de decembro nunha xornada de folga que ten como fin denunciar a precariedade laboral no sector e fronte aos actuais plans de deslocalización que teñen en marcha a maior parte das empresas de Telemárketing radicadas en Galiza... [Ler máis]