As 4 persoas detidas pola policia 1 hora despois do final da manifestación xa foron postas en liberdade; supostamente son acusados de queimar o monicreque do borbón Juan Carlos. As forzas da policia "nacional" reprimiron brutalmente unha manifestación de solidariedade con eles e hai varios feridos, un deles hospitalizado.
.
Baixo o lema “Pola autodeterminación, non á constitución española”, a manifestación partiu pasadas as 12:30 da Vía Norte da cidade, e rematou ás 13:45 horas na praza da Princesa.
Neste lugar, Pilar González e Paulo Parga leron o manifesto da marcha, no que se destaca o carácter imposto da constitución española e se reivindica o dereito á soberanía galega. A manifestación finalizou, unha vez lido o manifesto, co canto do himno nacional. Despois de ter rematado, uns encarapuchados fixeron aparición cun retrato realizado en madeira do monarca español Juan Carlos de Borbón que procederon a queimar. Ás dúas e media da tarde, boa parte dos participantes na marcha realizaron un xantar de convivencia no Centro Social Faísca... [Ler máis]