ÁS 20'30: TOD@S NO OBELISCO-A CORUÑA
Na pasada madrugada os compañeiros do SRI Luís Fernández “Che”, de Vigo e Carlos Cela de Coruña foron detidos pola Garda Civil.
Coa máis absoluta brutalidade e cinismo acúsanos de presuntas actividades de cobertura “terrorista”.
Os comunistas do PCPG que coñecemos a longa traxectoria de loita a prol dos intereses populares e do povo traballador destes compañeiros rexeitamos con toda firmeza o que non é máis que unha operación de represión de longo alcance que o estado imperialista e borbónico español desenvolve especialmente contra a esquerda revolucionaria e os comunistas que son quen de o custionar, contra os que non recúan e se enfrontan valerosamente, todos os dias e en todas as frontes e movementos populares polos dereitos do povo traballador... [continuar a ler]