EN DEFENSA DA TERRA, O DIA 17 IMOS TOD@S A COMPOSTELA!. GALIZA NON SE VENDE!

CONTRA A DESTRUCIÓN DO NOSO TERRITORIO!

Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Courel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galiza.

Hoxe, máis que nunca, Galiza precisa de nós, da nosa voz e da nosa forza!

Até aquí chegamos!. O litoral galego está a sufrir un proceso especulativo de urbanización e privatización sen precedentes que destrúe a paisaxe e dana irreversiblemente os nosos recursos pesqueiros e marisqueiros... [Ler no interior o texto completo]