A PLATAFORMA "GALIZA NON SE VENDE" EXIXE A DEMISIÓN DO CONSELLEIRO DO AMBIENTE

Despois do grande éxito acadado pola manifestación contra a destrución do territorio, organizada pola plataforma Galiza Non Se Vende, o conselleiro de Medio Ambiente lanzou unhas duras acusacións contra os organizadores e participantes da marcha. GNSV pide agora a dimisión deste político

Á direita: manifestación do 17 de febreiro

Manuel Vázquez, Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta, en declaracións recollidas polos medios respecto á manifestación de GALIZA NON SE VENDE que tivo lugar o domingo en Compostela afirma que os manifestantes “non representaban á sociedade galega senón que defendían intereses particulares: Só ían polo que hai do meu”... [Ler máis]