CONTRA O TAV/AVE. EN DEFENSA DO TREN!

Reproducimos a seguir estes dous interesantes traballos contra os proxectos do TAV/AVE, megalómanos e profundamente negativos para o noso territorio. Os dous artigos apostan por un modelo racional de transporte, ecoloxicamente sustentábel e socialmente moito máis xusto.

O transporte é o “núcleo duro” da crise ambiental. O modelo territorial, o mercado único e o desenvolvemento do turismo están provocando un crecemento moi forte do sector do transporte en toda Europa. Os modos de transporte que máis crecen son o transporte por estrada e o avión, que provocan elevados custos ecolóxicos (cambio climático, contaminación, deterioración e fragmentación de hábitats naturais..., sociais, accidentes...) e económicos (investimentos en infraestruturas, gastos sanitarios...) custos claramente infravalorados pola maioría da sociedade.... [Ler máis]