GARDA CIVIL E TALANTE CONTRA O POVO EN RIVADAVIA

Este 26 de febreiro na entrada dun mitin electoral do PSOE , un grupo de xente do Foro do Ribeiro manifestouse de forma tranquila e pacífica . Non damos crédito!, pode ser este grupo de veciños o desencadeante dun despliegue policial desproporcionado?. Tanto medo lles teñen os políticos?

As fotos que acompañan a este texto dan medo e demostran o indefensos que estamos os cidadáns de a pé contra os gobernates.

Eses gobernantes que se pasean en limousiñas por Galiza adiante e que visten traxes de Armani cos nosos cartos deberían de escoitarnos e non taparnos a boca con porrazos. Onde está o talante do que presumen estes socialistas de pacotilla?. O socialismo a eles quédalle bastante lonxe, agás que por socialismo se entenda enchelos petos... [Ler máis]