Os gandeiros que se manifestaban contra a caída do prezo do leite racharon ao mediodía o cordón policial e entraron na fábrica de Puleva.
Despois, como dixo diante dos medios un dos participantes na protesta “coa Policía non houbo problema, porque senón pasamos por riba deles”.
“Perto de dous milleiros de manifestantes”cortaron o tránsito na estrada Nacional VI e despois dirixíronse á porta principal da factoría de Puleva en Nadela. Alí, nunha acción “espontánea”, desbordaron aos policias e, unha vez no interior da fábrica, botaron polo chan cartóns de leite e outras cousas. Os manifestantes abandonaron despois o recinto da fábrica para dar por concluída a mobilización...[Ler máis]