Ao achegarse ao Courel percíbese por que este é un lugar emblemático de Galiza. Non hai que ser un entendido para decatarse de que a Natureza se mostrou magnánima con estas terras, ás que dotou dunha biodiversidade única, na que se amalgaman especies mediterráneas e atlánticas nunha singular simbiose na que todas teñen importancia: castiñeiros, sobreiras, maceiras, nogais, aciñeiras…, mesturadas para, dende as alturas, ao pé dos castros, vixiar atentas o fondo cavorco por onde discorre alegre o río Lor.... [Ler máis]
UNHA LOUSA SOBRE O COUREL
Que trabucados estabamos! co bipartito afianzouse o invasor, o neoliberalismo económico que, baixo disfrace de progreso e creación de riqueza, impón as súas regras…