IMAXES DA MEMORIA DE LOITA ANTIFRANQUISTA-CANGAS 2008

Iªs XORNADAS DE CINEMA “IMAXES DA MEMORIA”. CANGAS-2008

Neste mes de Abril e primeiros de maio, van ter lugar en Cangas unhas xornadas de cinema sobre a memoria da loita antifranquista relacionadas con persoeir@s galeg@s e e loitas que se deron no noso pais, Galiza.

Trátase dun completo programa que se desenvolverá no Auditorio Municipal desa vila canguesa e no que, á información que acompañamos nesta web, hai que engadir unha homenaxe-cea a veteranos/as e veciños/as vivos da península do Morrazo que loitaron polas liberdades nos últimos tempos do fascismo español sofrindo represión e persecución por iso. Podes ver o programa máis embaixo, no que, polo que nos toca coma militantes do PCPG, queremos salientar que o dia 20 será a proxección do filme sobre a vida exemplar do noso camarada redondelán Manolo Barros finado recentemente. Deses e outros actos informaremos ou completaremos información máis adiante. Premer en [PROGRAMA] para ler máis, ou na imáxe do cartaz para agrandar.