AGROCOMBUSTÍBEIS: OS COCHES QUE COMEN PAN DE MILLO

web do S.L.G
Estamos asistindo a unha crise que pode aniquilar a millóns de persoas por falta de alimentos e condear á desaparición a milleiros de explotacións debido ao incremento dos custes de producción e á caída no prezo percibido polos nosos productos.

Unha compoñente desta crise é a suba dos prezos dos recursos enerxéticos, en concreto do petróleo. Detrás desta carencia, atópase en grande medida a irracional aposta dos grandes gobernos e multinacionais por obter combustible a partires da produción de cereais para agrocombustíbeis.

Inmers@s nunha crise de fame a nivel mundial, en troques de pan producimos etanol no sector agrario, un sector primario na división clásica de actividades económicas, a repercusión do encarecemento do petróleo está afectándonos aos labregos e labregas por dobre vía... [Ler máis]