Demandamos unha actuación firme das Administracións para que cesen os verquidos á Ría, e esiximos sancións contundentes contra os causantes directos da contaminación.
Asimesmo adherímonos ao contido do manifesto que a Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo e outras organizacións convocantes teñen feito público.
MANIFESTO DA PLATAFORMA PARA A DEFENSA DA RIA DO BURGO:
Vimos padecendo desde hai anos na Ría do Burgo unha situación moi prexudicial para toda a cidadanía, pero especialmente para as actividades marisqueiras das que viven centos de familias, como consecuencia dos vertidos das augas residuais dos Concellos de A Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros... [Ler máis]