O MpDC amósase sorprendido pola actuación da Delegación do Goberno fronte as mobilizacións patronais e lembra que recentemente prohibiu varias concentracións e sancionou a cidadáns que participaron noutras mobilizacións con cantidades desorbitadas.
O Movemento polos Dereitos Civís pregúntase públicamente se a Delegación do Goberno Español vai continuar na súa liña represiva, prohibicionista e de “tolerancia cero” seguida até o de agora contra as mobilizacións sociais encabezadas por organizacións da clase traballadora e outros colectivos progresistas aos que incluso se lle teñen aplicado multas astronómicas. Se tamén lle vai abrir expedientes administrativos a armadores e empresarios... [Ler máis]