O PCPG SAÚDA FRATERNAMENTE O 20 ANIVERSARIO DA FPG

Co lema de "Independencia e Socialismo" que mantén desde a súa fundación no ano 1988, a Fronte Popular Galega celebrou este sábado dia 5 os seus primeiros vinte anos de vida. O acto transcurreu na carballeira de Aldán-Cangas e a el asistimos convidadas outras organizacións e coletivos sociais, culturais, sindicais e políticos de toda Galiza, entre os que nos atopamos unha representación do C.N do PCPG. O acto foi apresentado pola actriz, camarada e militante da FPG Mónica Camaño e no mesmo interviron, entre outros Xosé Luis Méndez Ferrin, Mariano Abalo e Xurxo Martinez, o membro máis xoven do Cté Central desta organización irmá galega. Os intervintes incidiron nos principios de clase, comunistas e patrióticos da FPG e reafirmaron a súa critica do sistema monárquico, constitucional e autonómico que impide o libre desenvolvemento de Galiza como povo e como nación... [Ler máis]