O FRUSTRADO E CRIMINAL ATAQUE DE XEORXIA TIVO APOIO E BENZÓN DOS U.S.A

O masivo ataque xeorxiano sobre Osetia do Sur estaba acordado con Washington

Knut Mellenthin [Junge Welt]

Tiña o presidente xeorxiano Michail Saakasjwili, "luz verde" de Washington, cando na noite do venres deu a orde ás súas forzas armadas de atacar Osetia do Sur? A resposta é un rotundo si, e só pode discutirse o porqué o Goberno ianqui decidiu esta vez soltarle a correa ao can, cando no pasado sempre o tivera retido.

A reconquista de Osetia do Sur e de Abjasia é "o obxectivo da miña vida", comunicara Saakasjwili en novembro de 2003, antes da súa imposición como presidente a finais de xaneiro do 2004 grazas a unha subversión apoiada por EE.UU.

"Faremos o máximo posibel para que a próxima festa nacional tamén se poida celebrar en Sujumi, a capital de Absajia."...[Ler máis]