O GOVERNO GALEGO IGNORA O PROTESTO POPULAR E APROBA O SEU PLANO DE ACUICULTURA

O goberno galego aproba o Plan de Acuicultura en contra do sentir das asociación veciñais e colectivos ecoloxistas.

[Rede Galiza Non Se Vende]

Un cento de representantes de diversos colectivos ecoloxistas e plataformas veciñais manifestáronse hoxe ante as dependencias do Edificio Administrativo de S. Caetano onde se celebrou o Consello no que se aprobou o chamado Plan Galego de Acuicultura.

Pérez Touriño, preocupado pola oposición ás piscifactorias, responde: “Galicia non se vende” (GZnación)

O goberno galego continúa a traballar a prol dos grandes grupos empresariais e contra a opinión da meirande parte das xentes do país aprobando un plan piscícola que asume, con tendenciosas maquillaxes, o anteriormente proxectado polo goberno de Fraga e mesmo aumenta o espazo de costa exterior a destruír en máis de 755.000 m2. A expropiación forzosa porá en mans de unhas poucas empresas, (Pescanova, Stolt Sea Farm, Isidro de la Cal e poucas máis)... [Ler máis]