Concelhos ao servizo do povo galego
Para unha vida máis digna
Para acadar un país máis libre e novo
Para avanzar no caminho da nosa
soberanía
Pra que nos devolvan o roubado
DEPENDE DE NÓS!
O Partido Comunista do Povo Galego
(PCPG) apoia as propostas patrióticas, democráticas e de progreso do
Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas que se postulan na case
totalidade dos concelhos galegos nos próximos comicios do 24 de Maio
e solicitamos o voto para as candidaturas que con esa denominación
se apresentan en perto de 300 concelhos da Nosa Terra.
O PCPG, do que forman parte algúns
camaradas e colaboradores achegados inscritos nalgunhas destas
candidaturas, consideramos ao BNG-Asembleas Abertas como a forza que
melhor representa os intereses e aspiracións do noso povo
trabalhador nesta batalha do 24-M e expresamos a nosa confianza de
que a mesma acade o éxito para conseguirmos novos espazos de poder
popular local-democrático e de afirmación nacional cos que melhor
defendernos dos plans anti-sociais e anti-galegos que serven os
intereses do capital monopolista e financeiro.
É preciso responder unidos e con forza
aos plans das organizacións corruptas do caciquismo e da reacción,
así como do confusionismo divisionista á moda conciliador e servidor obxectivo do réxime que
nos asobalha, e por iso chamamos á unidade das trabalhadoras e
trabalhadores, así como do maior número das forzas do noso povo
que, para alén dalgunha candidatura de base popular, nesta ocasión se expresa apoiando e votando as CANDIDATURAS DO
“BNG-ASEMBLEAS ABERTAS”
Galiza, 17 de Maio de 2015