Acerca da nosa definición pública. WIKIPEDIA e os seus "voluntarios" non son os que nos definen.


Atención aos nosos lectores.

Non fagan caso de definicións do noso partido en webs ou portais alheos á nosa páxina. Por exemplo, non crean o que de nós din os que escreven a muito famosa, como pouco acreditábel WIKIPEDIA.

Fóron tantas as inexactitudes nesa "enciclopedia" dixital e tantos os intentos para restablecer a verdade que nos vemos na obriga de comenzar a publicación desta entrada para esclerecer e transmitir a verdade do que somos. 

Comenzamos aportando unha primeira parte da nosa declaración xeral e aos poucos continuaremos editando esta definición que desde outras lideiras alheas pretenden facer boa.  

1. O Partido Comunista do Povo Galego foi creado en 1984, paralelamente ao proceso de unidade e recomposición comunista impulsado en todo o estado por distintos partidos comunistas e mais en Cataluña polo Partit dels Comunistes de Catalunya, en contra do eurocomunismo imperante no marco do Estado Espanhol e do PCG no noso país GALIZA)

Este proceso levou á fundación do Partido Comunista (PC), antecesor do que logo foi e conmtinúa a ser o PCPGPosteriormente  o noso partido iniciou os trámites de legalización e rexistrouse en 1993 como Partido Comunista do Pobo Galego.
 
2. O PCPG embandeirase, como a imensa maior parte das organizacións comunistas e obreiras revolucionarias, no Marxismo Leninismo e proclama nesta hora a necesidade de lutar pola Unidade Popular e tamén a Unidade e Reconstrucción Comunista, hoxe como sempre, desde bases e principios firmes ORGANIZATIVOS, POLÍTICOS E IDEOLÓXICOS. 

3. O noso logo ou anagrama é o que figura nesta entrada e que até o presente non aceitou que insertáramos os da WIKIPEDIA.

[Continuaremos editando sobre aspectos do activismo do noso pasado, actividade presente e sobre a nosa política de alianzas ou de Unidade Popular] e seguiremos intentando que a WIKIPEDIA nos reconheza]. 

"Loitamos por unha sociedade sen clases, sen opresión nin explotación; sen alienación e desigualdade. Por un mundo de xustiza e liberdade. Para exercermos como povo traballador o inalienabel direito democrático de Autodeterminación Nacional"