COMUNIDADO DA FPLP SOBRE A MATANZA DE BEIT HANOUN

COMUNICADO DE PRENSA URXENTE
(GAZA A 08.11.2006)
.
A F.P.L.P INSTA A TODAS AS FACCIÓNS DA RESISTENCIA A RESPONDER CON FORZA Á MATANZA DE BEIT HANOUN


Na mañá de hoxe, as forzas de ocupación sionistas cometeron unha nova matanza contra o resistente povo de Beit Hanoun, o que desenmascara a grotesca e criminal face do primeiro ministro sionista Olmert e o seu ministro de guerra fascista Amir Peretz, quen segue bombardeando as casas seguras con canóns e obuses.
Despois do fracaso da campaña israelí dos últimos tempos, cuxos obxectivos pretendían paralizar a acción da resistencia e desgastar a súa vontade de firmeza e resistencia, xa que o noso pobo se manten firme e altivo desafiando á ocupación a pesar de que o inimigo utiliza as armas máis mortíferas e mancilla continuamente o sangue palestino.
.
Nós na F.P.L.P, e perante estas masacres, reafirmámonos no seguinte:
>1. Inclinámonos en sinal de respecto e admiración diante dos mártires da matanza de Beit Hanoun, e apreciamos a lendaria firmeza do noso pobo, no norte, que se enfronta a estas prácticas sionistas.
.
>2. Os matanzas e os crimes cometidos pola ocupación só farán que a firmeza e a insistencia do noso pobo a proseguir na lexítima resistencia se incremente ata derrotar á ocupación e realizar os nosos obxectivos de conseguir o retorno, a liberdade e a independencia.
.
>3. O sangue palestino que se está mancillando en Gaza, clama ao presidente Abu Mazen e ao primeiro ministro Haniyah e ínstalles a traballar inmediatamente para formar un goberno de unidade nacional para poder confrontarse á salvaxe agresión que sofre o noso pobo.
.
>4. Instamos ás faccións da resistencia a elevar el grado de coordinación entre elas e responder á masacre, intensificando os seus atentados en contra da ocupación sionista.
.
>5. Instamos ás masas do noso pobo a proclamar un loito xeral e saír con marchas de protesta a condenar a bárbara masacre de Beit Hanoun.
.
>6. Instamos ás masas do noso pobo e ás súas forzas nacionalistas e islamicas para unirse na confrontación diante da agresión.
.
>7. Instamos á Comunidade Internacional a mobilizarse inmediatamente para paralizar a agresión e garantir a protección internacional para o noso povo palestino, quen segue estando sometido baixo a ocupación.
.
>8. Instamos ao réxime oficial árabe a que abandone o estadio do silencio e a impotencia e se mobilice inmediatamente para paralizar a agresión. Alen diso, pedimos aos pobos árabes a saír ás rúas en marchas de condena e protesta en contra das masacres e a destrucción que sofre o noso pobo na franxa de Gaza.

GLORIA PARA OS MÁRTIRES!

VICTORIA PARA A RESISTENCIA !

E PRONTA RECUPERACION PARA OS FERIDOS !

FRENTE POPULAR DE LIBERACIÓN DE PALESTINA [F.P.L.P]
OFICINA DE INFORMACIÓN

.