.
"O día en que o ceo foi
tomado por asalto"
Como escribiron cronistas e historiadores, o 7 de Novembro de 1917 o ceo foi tomado por asalto para anunciar o triunfo da primeira Revolución Socialista no Mundo, epopeia heroica que mudaría o curso da Historia Universal.
Foi cando os bolxeviques, guiados por Vladimir Ilich Lenin,- un dos homes máis extraordinarios desta era -, enalteceron a toda a humanidade e protagonizaron unha fazaña que fixo posibel a división do mundo en dous sistemas diametralmente opostos.
Nun dos dous sistemas, o capitalista, continuou a explotación dos obreiros e no outro, o socialista, o home converteuse en irmán do home. A Revolución rusa tivo unha influenza decisiva na toma de conciencia dos traballadores que por primeira vez cuestionaron o vello sistema e os seus intereses creados.
Despois do 7 de novembro de 1917 o mundo foi diferente. Xurdiron os Movementos de Liberación Nacional en Asia, Africa e América Latina, e en China e Cuba triunfou o socialismo apois de dúas xestas revolucionarias protagonizadas polo povo.
Hai analistas que afirman que o século XX comezou realmente co triunfo da Revolución Socialista de Outubro se de feitos políticos se trata, pero entón habería que dicir que esa centuria terminou co derrumbe da Unión Soviética e o campo socialista de Europa, e non foi así pois en diferentes países do mundo continúan ondeando os estandartes da clase obreira, disposta a cambiar novamente o curso da Historia.
Evocar esta data é unha maneira de enaltecer aos homes e mulleres que 89 anos atrás na vella Rusia tomaron por asalto o ceo cando o acorazado Aurora disparou sobre o palacio de inverno en Petrogrado para por fin ao zarismo e dar comezo á primeira Revolución Socialista no Mundo.
.
(Lydia Esther Ochoa Peña/Holguín, Cuba)
Publicado en:
-Radio Angulo Dixital/06/11/06
-La Conquista de la Revolución Socialista
Publicado en:
-Radio Angulo Dixital/06/11/06
-La Conquista de la Revolución Socialista
.
aVER A EXTRAORDINARIA NARRACIÓN DA REVOLUCIÓN DE OUTUBRO CONTADA POR JOHN REED
premendo no link :