Os feitos remóntanse a hai xa varios meses, cando Eduardo Álvarez dirixira un escrito ao xuíz-decano de A Coruña tras ver como, logo dun procedemento por un asunto particular, o xulgado correspondente se negaba a lle notificar en galego, malia esta ter sido a lingua que o interesado empregara en todo o proceso e malia este ser un dereito recollido no artigo 7.2 da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística.
[Para ler máis premer no titular desta nova]