Os 70 empregados de CC OO nas súas sedes de Vigo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo, Santiago, Ferrol e Vilagarcía cumpriron onte coa primeira xornada dunha folga que anunciaron a semana pasada despois de que a directiva do sindicato rompese negociacións co comité intercentros. Os traballadores seguirán reclamando un convenio que non teñen desde 2004.
"Somos un monstro ou espantallo rarísimo: manifestámonos para demandar un convenio xusto nunha empresa que se adica a demandar convenios xustos para outros traballadores que non son os seus". Anxeles é membro do comité de empresa de Comisións Obreiras. É unha das empregadas máis veteranas e está afiliada ao sindicato a partir do principio. "Os maiores estámolo case todos. Os mozos, en cambio, non, porque non senten a mesma vinculación coa casa e en canto poden vanse". ..[Premer no titular desta nova para ler máis]