Pídese que os representantes institucionais respecten o principio de "aconfesionalidade"
Esculca solicita por escrito de Touriño e Dolores Villarino que non asistan á ofrenda ao Apóstolo
O Observatorio para a Defensa dos Dereitos e as Liberdades, Esculca, vén de enviar dúas cartas dirixidas ao presidente da Xunta de Galiza, Emilio Pérez Touriño e á presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, nas que esixe que se respecte o “ princípio de neutralidade dos poderes públicos en matéria relixiosa” e solicita que non asistan á ofrenda ao Apóstolo, o 25 de Xullo, Día da Patria Galega.+Ver carta a Touriño
+Ver carta a D. Villarino