ÉXITO DA CONVOCATORIA UNITARIA DO DÍA DA PATRIA








Arredor de 3000 persoas mobilizáronse con Causa Galiza neste 25 de Xullo polas rúas de Compostela.

O acerto deste apelo que a práctica totalidade das forzas da esquerda anticapitalista e autodeterminista fixemos a prol desta convocatoria unitaria vese confirmado co éxito desta mobilización.

O PCPG, que participa desde o primeiro momento nesta dinámica de unidade das forzas soberanistas galegas, primeiro desde as Bases Democráticas Galegas e agora en Causa Galiza seguirá esforzándose por consolidar e avanzar nesta loita compartida con tantas persoas e colectivos cos que coincidimos en tantas cousas, especialmente nesta batalla por recuperar e difundir a idea da AUTODETERMINACIÓN entre o conxunto do povo traballador galego, fronte ás mornas políticas dos que tentan desde a irresponsábel e sedicente renuncia, ir polos vieiros do autonomismo, é dicir: pola via utópica, inútil e máis que trillada que nos ofrecen desde o grande capital e o sistema que nos oprime como povo e ignora e despreza como nación.

Estatuto non, AUTODETERMINACIÓN!