CAMARADA FAIEZ BADAWI (FPLP): “Cada vez que un povo asoballado responde coa resistencia armada, USA fomenta no seu interior unha guerra civil”

www.debateabierto.net
Carlos Martínez e Manuel Talens

Logotipo da FPLP nunha parede da Palestina

A vida de Faiez Badawi está marcada pola criación do Estado de Israel. De non ser por
aquel episodio, que alterou quizáis para sempre o destino do Oriente Próximo, probablemente tería nacido e viviría hoxe nalgún lugar apacibel de Palestina, pero no 1948 os seus pais víronse envolveitos na Nakba e fuxiron da terra dos seus antepasados. Poucos anos despois, en 1955, Badawi viu a luz no campamento de refuxiados de Tal Az-Zatar, ó leste de Beirut, que máis tarde sería destruido, en 1976. Dalí, a familia desprazóuse ó tristemente célebre campamento de Chatila, onde o rapaz foi testigo da histórica matanza inspirada por Ariel Sharon. [Ler máis...]