TOURADAS?: FORA DE GALIZA, XA!. REMATEMOS CON ESTA VERGOÑA

Embaixo, imáxes de "sociedade"
habituais por estas datas na prensa pontevedresa



Unha suposta tradición (allea ao povo galego) non pode servir de pretexto para encubrir a máis elemental crueldade.

As touradas constitúen un acto de abuso cara a un ser indefenso. Están organizadas, promovidas e toleradas polas altas instancias e polos sectores máis reaccionarios da poboación, polos medios de comunicación e polo –escaso- público que o alenta e o apoia.

Porén, a inmensa maioría da sociedade galega está situada, claramente, en contra das corridas de touros e segue a ser unha ínfima minoría da poboación a que acode e apoia as touradas no noso País. Só o interese de determinados sectores oligárquicos, españolistas e empresariais, que nos pretenden impoñer esta barbarie xustifica a súa pervivencia en Galiza, que é o lugar da península onde menor seguimento ten. A tortura non é arte nen cultura!

[Ver MANIFESTO da PLATAFORMA ANTI TAURINA de Pontevedra]