BOLIVIA: COMPRE A VIXIANZA FRONTE AO GOLPISMO E A REACCIÓN

Polo seu interese reproducimos a seguir o artigo:
"O GOLPE INMINENTE"
de Antonio Peredo Leigue
[Publicado en Rede Voltaire]

Xunto á conspiración para matar ao "indio ‘e mierda”, (o presidente Evo Morales) espállase o rumor dun golpe que xa está preparado e só fallan un ou dous pretextos que o xustifiquen. Tampouco podía fallar a insistencia en que haberá unha inflación desatada; as transnacionais aproveitan para declarar, con moita seriedade, que investirán cando desaparezan os sinais de inseguridade económica no país.

Se se bota unha olladá a realidade, nada disto ten consistencia. Non hai condicions para que suceda unha ou outra cousa; na realidade, para que ocurra todo, porque trátase de que se produzan estes acontecementos de xeito sucesivo. É a teoría do dominó, tan grata á “intelixente” CIA: abonda derrubar unha ficha, para que caian as demais...Ler máis