"O POVO NON ESQUECE". TEXTO QUE FOI LIDO NOS ACTOS DE CABRAL-VIGO

TEXTO QUE LEU REXINA VEGA NOS ACTOS DE HOMENAXE AOS SETE ASASINADOS O 15 DE SETEMBRO EN PUXEIROS

"Como di Alberto Méndez o silencio é un espazo, unha oquidade onde nos refuxiamos, pero onde non nos atopamos nunca a salvo.

Só a palabra permite poñerse a salvo da brutalidade e da estupidez, só grazas a ela podemos encarar o peso do mundo recordando que o corazón existe.

Se dicimos os nomes, se nos atrevemos, se esforzamos á memoria e á linguaxe para que reconstrúa as vidas que foron, para darlles de novo presenza , gañamos todos. Gañamos, aínda que sexa unha victoria tan serodia, aínda que desde aquel 15 de septembro de 1936 tiveran que sucederse as luces finais do verán setenta veces.

Aínda así estamos a tempo. Aquí unidos recordando o martirio, o pánico e o desconcerto nos ollos, a cobiza de sangue nos asasinos, Un home non mata outro, así a sangue frío, pero mataron. Os fascistas fitáron a Marcial a Eugenio, a Luis, a Segundo, a Adolfo, a Abrahan, a Inocencio con carraxe e un estraño sentido da superioridade:..[Ler máis premendo aquí ou no titular desta nova]