Foi ás sete da tarde do dia de onte, sábado 15 en Puxeiros, onde tivo lugar unha cerimonia de homenaxe na que se descubriu a praca e a estatua realizadas polo escultor Ricardo Alias Alén, para conmemorar o 71 aniversario do asasinato deste sete homes, dirixentes republicanos moi coñecidos en el Vigo, que simbolizan aos máis de setecentos asasinados nos concellos de Vigo e Lavadores.
Eles foron:
MARCIAL ARAUJO CONDE, EUGENIO ARBONES CASTELLANZUELO, LUÍS BILBATÚA ZUBELDÍA, SEGUNDO ECHEGARAY GARCIA, ADOLFO MORGADE PAZOS, ABRAHAM MUÑOZ ARCONADA, INOCENCIO TABOADA MONTOTO
A homenaxe contou coa intervención de familiares de represaliados, coa lectura do poema "Cunetas", de Luís Pimentel, e a actuación da poetisa Rexina Vega, da gaiteira Raquel Domínguez Senlla e do trompetista Henrique. ...[Ler máis premendo no titular desta nova]