Nesta triste data do 12 de outubro, bautizada e instituida pola ditadura franquista coma “Dia da Raza e da Hispanidade” e tamén “Dia da Garda Civil”, en que os principais valedores da oligarquía e o réxime compiten por ver que é máis patriota español queremos sumar a nosa voz á de todos os que loitan contra esta burda manipulación histórica e de conmemoración do xenocidio, sumarnos aos que reivindican esta data como dia “Resistencia Indíxena” dos povos de America.
Fronte a esta ofensiva grotesca e fascistoide queremos dicir tamén que o IMPERIALISMO español comezou ao mesmo tempo en América e no interior da Península Ibérica. Os povos de América sofriron un cruel xenocidio ao mesmo tempo que o dominio colonialista español se extendía contra outros povos e nacións sometidas e privadas bárbaramente de soberania no marco do Estado Español.
É o caso de Galiza, Euskal-Herria, Catalunya (e outros) que aínda hoxe, máis de 500 anos despois, seguimos a combater polos nosos dereitos e liberdades nacionais.