CON FIDEL DICÍMOSCHE: "ATÉ A VITORIA SEMPRE! CHÉ, COMANDANTE AMIGO!"

O Che

[Fidel Castro Ruz]

Fago un alto no combate diario para inclinar a miña fronte, con respecto e gratitude, diante do combatente excepcional que caeu un 8 de outubro, fai 40 anos. Polo exemplo que nos deixou coa súa Columna Invasora, que atravesou os terreos pantanosos ao sur das antigas provincias de Oriente e Camagüey perseguido por forzas inimigas, libertador da cidade de Santa Clara, creador do traballo voluntario, cumpridor de honrosas misións políticas no exterior, mensaxeiro do internacionalismo militante no este do Congo e en Bolivia, sementador de conciencias na nosa América e no mundo.

Doulle as grazas polo que tratou de facer e non puido no seu país de nacemento, porque foi como unha flor arrincada prematuramente do seu talo. Deixounos o seu estilo inconfundible de escribir, con elegancia, brevidade e veracidade, cada detalle do que pasaba pola súa mente. Era un predestinado, pero el non o sabía. Combate connosco e por nós.

Onte cumpriuse o 31 aniversario da matanza dos pasaxeiros e tripulantes do avión cubano que nos fixeron estoupar en pleno voo, e adentramonos no décimo aniversario do cruel e inxusto encarceramento dos cinco heroes antiterroristas cubanos. Perante todos eles inclinamos igualmente as nosas frontes. Con moita emoción vin e escoitei pola televisión o acto conmemorativo.

7 de outubro de 2007