
Participarán coma ponentes, entre outros, historiadores e expertos tan importantes como: Luís Lamela, Anxo Rodriguez Gallardo, Julio Prada Rodriguez, Enrique Barrera, Emilio Grandío, Carlos Velasco, Xoan Carlos Garrido Couceiro, Alberto Pena, Alberto Valin Fernández entre outros.
Alén das mesas de debate terán lugar tamén outros actos poético musicais, un roteiro polas partes da cidade que máis coñeceron a planificación e represión franquista e un xantar-festa de confraternidade.