O movemento polos dereitos nacionais galegos precisa rearticular-se e rearmar-se. A chamada “corrección política” ten expulsado o exercicio dos dereitos colectivos fóra do cadro xurídico-político, fóra da actualidade do debate social e fóra dos medios de comunicación masiva.
Os grandes poderes económicos e políticos actuantes na Galiza seguen na posición de sempre: son inimigos da soberanía galega porque a decisión do noso pobo sobre os seus destinos colectivos poderia estragar os seus plans da desfeita: privatización do territorio, turistificación, recurte de dereitos dos traballadores e traballadoras e economía do tixolo. A dia de hoxe a grande prensa empresarial é unha portavocia obediente dos conglomerados industriais, as promotoras e as transnacionais da enerxía...[Ler máis]