A F.P.L.P REXEITA A FARSA DE ANNÁPOLIS E CHAMA Á RESISTENCIA DO POVO PALESTINO

COMUNICADO DE PRENSA EMITIDO POLA FRONTE POPULAR PARA A LIBERACION DE PALESTINA. 24 DE NOVEMBRO DO 2007
Traducción ao galego: PCPG
.

Como consecuencia da decisión tomada polos ministros de exteriores árabes a favor da participación, a convite do presidente Bush, na conferencia de Annpolis, unha voceira do buró político do FPLP declarou o seguinte:

Que o encontro que se vai celebrar dentro duns días non persegue unha solución integral e verdadeira para a custión palestina, senón, a realización dos intereses americano-israelís a custo dos dereitos e intereses do pobo palestino, xa que, a conferencia non se basea nas resolucións das NN.UU nin nos principios do dereito internacional referentes á cuestión palestina, controlando os americanos, que están totalmente a favor de Israel, a conferencia e erixíndose como única referencia e autoridade.

O FPLP insta aos países árabes a non ampliar máis o mapa de normalización de relacións coa entidade sionista que rexeita a paz e continúa a súa política de agresión, terror e judaización da terra palestina e ademais, insta aos povos palestino e árabes á mobilización para confrontarse aos intentos de liquidación dos dereitos nacionais do povo palestino.

O plano sionista contra o povo palestino continúa e segue adiante: expoliaron os nosos dereitos, despedazaron a nosa patria e desprazaron fai seis décadas ao noso povo. E hoxe, trasládanse para unha etapa nova e cualitativa para tentar formular novos acordos cuxos obxectivos serían esnaquizar o que ainda fica da patria e esnaquizar tamén á nación árabe enteira.

A F.P.L.P, esixe aos países árabes que rexeiten a normalización de relacións con Israel gratuitamente e que apoien á resistencia do pobo palestino para arrincar todos os seus dereitos nacionais.

GABINETE DE PRENSA DA FRONTE POPULAR PARA A LIBERACION DE PALESTINA