Os II Encontros terán lugar no Centro Sociocultural Aurelio Aguirre, do barrio compostelán de Conxo este próximo sábado 24 de novembro a partir das 10 hs. da mañá, estando previsto que os debates se desenvolvan durante todo o dia.
Amáis de contribuir para coñecernos mellor e poder levar a cabo accións en común, os Encontros serán un foro de debate sobre a situación e as necesidades da nosa actividade solidaria coa Revolución Cubana.
Como organización convidada, o PCPG participará tamén nestes II Encontros. Ler programa dos encontros