PRESTIGE: 5 ANOS DESPOIS... E VAI OUTRO MÁIS DE PROMESAS

Polo seu interese publicamos este artigo de FELIPE LOUZÁN. [Capitán da Mariña Mercante, profesor da Escola Técnica Superior da Mariña Civil e membro da Executiva da ALTERNATIVA DOS VECIÑOS DE OLEIROS]

Fai agora cinco anos do afundimento de Prestige. Como todos os anos nestas datas os medios de comunicación fanse eco das declaración oficiais e de filtracións informativas co obxectivo de convencer a opinión pública de que o Prestige era un buque chatarra, o seu capitán un pirata, a sociedade clasificadora uns irresponsabeis e un longo etc. de epítetos. Nin unha soa autocrítica dos responsábeis da xestión, ningún erro cometido, ou sexa, que se fixo todo de marabilla. Si se xestionou todo moi ben e o chapapote emporcou todo o noroeste Galaico-Portugués, o Cantábrico e incluso chegou a Francia, si chegara a xestionarse mal é de supoñer que o chapatote tería que chegar polo menos tamén ao outro lado do Atlántico e causar danos por valor de varios miles de millóns....[Ler máis]
--------------------------------------------------------------------------------------
Pódese descarregar tamén, premendo aquí, un documento asinado por Capitáns da mariña mercante, profesores e catedráticos das tres universidades galegas, científicos, investigadores e ONG’s ecoloxistas no que se describe con claridade meridiana que a mellor opción era levar o PRESTIGE ao Seo de Corcubión, ao abrigo do Cabo Fisterra.
--------------------------------------------------------------------------------------