EN DESTAQUE: O FILME "LISTE, PRONUNCIADO LISTER" DE MARGARITA LEDO

Un magnífico filme de Margarita Ledo recupera a historia de Enrique Líster, o canteiro, o comunista galego, o antifeixista e o lendario militar revolucionario

Como nos anunciara nas xornadas que se organizaron en Abril deste ano en Calo, e case catro anos despois da estrea de “Santa Liberdade”, Margarita Ledo apresentou en Compostela e Pontevedra o seu novo traballo: “Liste, pronunciado Lister”. Un filme documental sobre a figura de Enrique Lister. A realizadora recoñece que non foi doado enfrontarse a este filme. "Santa Liberdade " era o relato dunha aventura, dunha heroicidade, dun triunfo, nun contexto moi ilusionante, como foron os anos sesenta. Porén, para falar de Líster, segundo a directora, "fai falla convencerse de que non todo se perdeu"...[Ler máis]