CELEBRAMOS ACTO CONMEMORATIVO DA REVOLUCIÓN CUBANA

Por volta de 200 persoas asistimos ao acto político, festivo e de convivio que tivo lugar no Centro Socio-Cultural do Castiñeiriño en Compostela para conmemorar e homenaxear a Revolución Cubana neste 49 aniversario.
.
No mesmo, que organizou como ben sendo tradicional a Asociación de Amizade Galego Cubana “Francisco Villamil”, enviaron saúdo ou intervimos representantes de perto dunha ducia de organizacións e partidos políticos representativos da esquerda, do sindicalismo e da mocidade organizada do noso país (Partido Comunista do Povo Galego, CUT, o BNG, Adiante-Mocidade Revolucionaria Galega, FPG, Primeira Linha, Agir, Briga, Nós-UP, alén do Cónsul Xeral de Cuba en Galiza e do presidente propia Asociación organizadora e convocante)....Para ler máis e ver a intervención do PCPG [ premer aquí]