MOSTRA HOMENAXE AO CHÉ GUEVARA NA BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO

Organizada pola Asociacion de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil"

Mostra homenaxe ao Che Guevara na Biblioteca Central de Vigo

Corenta anos despois da caida de Ernesto Guevara O Ché en Bolivia, a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil rememora a súa entrega á Revolución Cubana e á insurrección anti-imperialista en Africa e América do Sur. A visión do guerrileiro, embaixador de Cuba nos foros internacionais e autor do plano económico inaugural do primeiro Estado socialista de América, aparece nunha mostra fotográfica orixinal acompañada por textos que se refiren ás diferentes etapas da biografía de Ernesto Guevara.

A mostra estará aberta na planta baixa da Biblioteca Central de Vigo, Rúa Joaquín Yañez 6, a partir do próximo dia 17 de decembro e ata o día 31 do mesmo mes, en horario de 9.00 h. a 20.30 h. de luns a venres (agás festivos)