QUERIDOS COMPATRIOTAS:
Dentro dunhas horas vaise cumprir un aniversario máis daquel belo amencer, fai 49 anos, en que trunfou a nosa Revolución.
Sobre os restos da tiranía proianqui seguimos o longo e empinado camiño. Grazas ao povo nobre e abnegado de Cuba, aos seus obreiros e demais traballadores manuais e intelectuais, os seus labregos e estudantes, homes e mulleres, nenos, anciáns e cidadáns de todas as idades, alfabetizados ou analfabetos, Cuba foi entón por primeira vez dona do seu destino... [Ler máis e VER MENSAXES DOS CINCO]