Alén das convocatorias e mobilizacións, así como dos traballos organizativos para a súa consolidación, está a preparar a manifestación nacional que terá lugar o 17 de Febreiro en Compostela.
Esta rede, da que forman parte neste momento máis de sesenta colectivos sociais e movementos populares, tomou o acordo de por en marcha un proxecto de Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) en defensa do litoral galego, con intención de “garantir unha protección efectiva e permanente” dos nosos recursos litorais.
“Galiza non se Vende” denuncia o seguidismo dos intereses empresariais en detrimento da conservación do patrimonio natural e defende a necesidade de “exercer de forma directa a capacidade de lexislar” para deferdermos de proxectos de empresas multinacionais altamente lesivos para a sociedade, o ambiente e os intereses económicos do noso país, que ampara o Plano Piscícola...[Ler comunicado da Rede Galiza Non se Vende]