REALIZOUSE EN VIGO ACTO DE LEMBRANZA A JOSÉ MARTÍ

O poeta, pensador e libertador cubano José Martí, foi de novo lembrado e homenaxeado na mañan do pasado dia 26 en conmemoración do 155 aniversario do seu natalicio. Precisamente neste mesmo lugar onde fai xa case 20 anos foi colocado o seu monumento, nos xardins de Montero Rios de Vigo e moi perto de onde ducias de milleiros de galegos e galegas embarcaban rumo a Cuba e ás américas, obrigados pola emigración ou mesmo á guerra colonial.

Media hora despois do mediodia deu inicio a cerimonia organizada e convocada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” á que asistiron os cónsules de Cuba, Venezuela e Uruguai en Galiza, así como varias ducias de amigos e amigas de Cuba...[Ler a crónica completa]