O NOSO RECIBIMENTO MÁIS SOLIDARIO E CARIÑOSO A LUÍS, "O CHÉ"

Entre bandeiras comunistas e galegas, cento cincuenta persoas recibimos en Sárdoma (Vigo) a Luis Fernández o pasado dia 26 pola tarde.

Unha pancarta do SRI dáballe a benvida coa frase: "Benvido Ché, seguimos en pé". Por volta das 6:30, chegou Luís en automóbil, acompañado da súa familia desde Madrid. Despois duns momentos de grande emoción, aplausos e grandes apertas, Luís tomou o megáfono e dirixiunos unhas breves palabras de agradecemento, lembranza dos seus compañeiros presos e de confianza na súa loita.

Falounos da brutalidade da operación policial contra el e os outros catro compañeiros detidos, e a situación difícil en que fican as súas familias, facendo unha especial e moi emocionada referencia a Carlos Cela e á súa nai Pepita, que agora ten a tres dos seus fillos presos no cárcere.

Despois informouse que se puxeran petos de solidariedade para recadar diñeiro para afrontar a fianza de 12 mil euros que lle exixe a “Audiencia Nacional” ao Ché no prazo dunha semana.

A continuación, no bar de Fernando (irmán do ché) realizouse unha pequena festa coa música de Roger de Muskaria. ¡BENVIDO Á TÚA CASA E ADIANTE SEMPRE, COMPAÑEIRO!